— 20 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 20 de 74 resultados.

O Plan Marco de mellora de camiños da Xunta permite que 24 concellos da área de Santiago invistan en infraestruturas rurais máis dun millón de euros na convocatoria de 2020-2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou os proxectos levados a cabo en Oroso ao abeiro deste programa desde o 2018
  • Este plan está cofinanciado ao 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

Oroso (A Coruña), 28 de novembro de 2020.- O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o concello de Oroso para comprobar as actuacións financiadas pola Consellería do Medio Rural para a mellora de camiños municipais.

Nesa liña, o director destacou que en 2021 se creará a Fundación de investigación agraria aplicada de Galicia, orientada á transferencia efectiva para a mellora dos produtos e procesos do sector agroalimentario galego, así como da rendibilidade e da sustentabilidade ambiental das explotacións e da calidade e seguridade alimentarias. Mentres, destinaranse dous millóns de euros ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), para optimizar as infraestruturas de ensaio precisas para o banco de xermoplasma e recursos fitoxenéticos, así como para a implantación dunha granxa que permita consolidar un modelo para o desenvolvemento das mellores prácticas dispoñibles. Outros catro millóns dirixiranse ao Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia, un “espello do rural” que se situará en Boqueixón e que se prevé comezar a construír o ano vindeiro.

Concretamente, supervisou o resultado das obras de mellora da rede viaria de Couso (A Senra)-Carollo realizadas na convocatoria 2018-2019 do Plan Marco, que contaron cunha achega de máis de 100.000 euros, e as actuacións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria 2020-2021 de reforzo de pavimento do viario público no Piñeirón (A Gándara) que contan cun orzamento de máis de 37.000 euros.

O Plan Marco suporá un investimento de máis dun millón euros en 24 actuacións para os municipios da área de influencia de Santiago. Trátase dunha axuda cofinanciada nun 75% con fondos Feader no marco do PDR de Galicia para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten os accesos a zonas habitadas.

Gonzalo Trenor sinalou que o obxectivo deste plan “é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, que pasa por mellorar as dotacións existentes en infraestruturas básicas, ao tempo que desenvolvemos actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos para a poboación rural”.

Neste senso, apuntou que “as infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo. Con estas obras buscamos por unha banda facilitar a accesibilidade e a vertebración do territorio e, por outra, contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal. Desta forma, facilítase o tránsito de maquinaria, o que redunda nunha maior axilidade das operacións e nunha redución dos custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado”.

Así, a finalidade do plan é darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante o acondicionamento das vías que dan acceso ás parcelas agrarias, que son as canles de entrada e saída das producións rurais.

Plan Marco

O Plan marco de mellora de camiños municipais está destinado a todos os concellos de Galicia e na convocatoria de 2020 – 2021 no caso concreto da provincia da Coruña o investimento supera os 3,3 millóns de euros.

Respecto ao reparto de fondos, Agader acordou, no seu momento coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), os criterios de distribución cunha base fixa de 11.700 euros por concello e en base a conceptos como número de habitantes, número de entidades de poboación, a superficie, o peso do agro, así como o grao de envellecemento ou despoboamento. Ademais contémplase un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.