Axentes do Programa

 
top-banner

O artigo 65 do Regulamento (UE) 1305/2013 establece como responsables do Programa de Desenvolvemento Rural ás seguintes autoridades:

AUTORIDADE DE XESTIÓN

É a responsable da xestión e aplicación eficiente, eficaz e correcta do programa de desenvolvemento rural (artigo 66 do Regulamento (UE) 1305/2013).

En Galicia desempeña esta función a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

De acordo á Autoridade de xestión, o Comité de seguimento efectúa o seguimento da execución do programa.

ORGANISMO PAGADOR

É o organismo responsable da xestión e control dos gastos do PDR de Galicia executados de conformidade coa normativa europea da axuda ao desenvolvemento rural. Con excepción dos pagos, a realización das devanditas tarefas pode delegarse.

En Galicia, o organismo pagador de fondos Feader é o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Con excepción dos pagos, o Fogga delegou en distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia a xestión da maioría das medidas do PDR de Galicia.

ORGANISMO DE CERTIFICACIÓN

É o organismo auditor encargado de verificar, conforme ás normas de auditoría internacionalmente aceptadas, a integralidad, exactitude e veracidade das contas anuais do organismo pagador, sobre o correcto funcionamento do seu sistema de control interno e sobre a legalidade e corrección do gasto para o que se solicita o reembolso á Comisión.

En Galicia asume esta función a Intervención Xeral da comunidade autónoma.

A responsabilidade do seguimento do programa é compartida entre a autoridade de xestión e o Comité de seguimento , composto por autoridades locais e rexionais competentes e aquelas entidades sociais máis representativas do medio rural de Galicia.

A nivel nacional existen dous órganos encargados da coordinación de todos os programas de desenvolvemento rural españois.

ORGANISMO DE COORDINACIÓN DAS AUTORIDADES DE XESTIÓN

A sua funcion consiste en centralizar a informacion de todos os PDR do estado español e actúa como interlocutor ante a Comisión Europea.

Este papel asúmeo a Direccion Xeral de Desenvolvemento Rural e Politica Forestal do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA).

ORGANISMO DE COORDINACIÓN DOS ORGANISMOS PAGADORES

Este organismo é o encargado de coordinar aos organismos pagadores autorizados polas Comunidades autónomas para o pago das axudas con cargo a Feader.

Esta función é desenvolvida polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Comité de seguimento

   
Composición Regulamento
 

LIGAZÓNS DE INTERESE