Medidas

 
top-banner

O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 estrutúrase en 14 medidas e 45 submedidas a través das cales se pretenden acadar os obxectivos establecidos no Programa para o período 2014-2020:


Medida 1. Accións de transferencia de coñecementos e información

O obxectivo desta submedida é fomentar a competitividade do sector agroalimentario e forestal galego a través da incorporación de prácticas innovadoras e o desenvolvemento de iniciativas de I+D. Para iso, considérase prioritario consolidar un sistema permanente de transferencia de coñecementos baseado no fomento da formación profesional en materia agropecuaria e forestal, con especial orientación a novos agricultores e selvicultores.

Esta axuda comprende actividades de formación profesional continua e adquisición de competencias, ademais de actividades de demostración e información. Para iso, prográmanse tres submedidas:
 


Medida 2. Servizos de asesoramento, xestión e substitución destinados ás explotacións agrarias

Con esta medida preténdese apoiar proxectos de asesoramento especializado e garantir o transvasamento de información desde os centros de coñecemento, investigación e desenvolvemento ata o medio rural. Preténdese, por tanto, levar a innovación ao sector agroalimentario e forestal galego e, con iso, mellorar a súa competitividade.

Dado os obxectivos transversais aos que contribúe esta medida de fomento da innovación, adaptación ao cambio climático e conservación do medio ambiente, os servizos de asesoramento incidirán en cuestións como captura de carbono, loita contra a erosión, uso eficiente da enerxía e da auga, conservación da biodiversidade e protección do chan.

Esta axuda desenvólvese a través de tres submedidas:
 


Medida 3. Réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios

O fin desta medida é o de incrementar a participación real dos produtores agroalimentarios galegos e dos seus produtos na cadea alimentaria. Para iso, preténdense incorporar prácticas de mercado innovadoras, ofrecer produtos de calidade diferenciada, fomentar o fortalecemento do tecido asociativo, apoiar as canles curtas de distribución e impulsar o comercio electrónico.

Fomentarase a participación dos agricultores en réximes de calidade recoñecidos por norma comunitaria ou polos Estados membros coas prescricións do artigo 16.1 do Regulamento (UE) 1305/2013, así como a promoción no mercado de produtos incluídos nestes réximes.

Esta axuda articúlase a través de dúas submedidas:
 


Medida 4. Investimentos en activos físicos

Xunto con outras medidas programadas no PDR, o investimento en activos físicos oriéntase á mellora da competitividade das explotacións agrarias galegas, do sector agroalimentario no seu conxunto e o aumento da base territorial das explotacións agrarias.

Baixo esta medida exponse uns obxectivos de modernización e reestruturación das explotacións agrarias galegas a través de actuacións que melloren o seu rendemento global e viabilidade, así como a sustentabilidade do medio. Para iso, a medida estrutúrase en catro liñas de axuda:
 


Medida 6: Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais

Con esta medida preténdese favorecer a creación de empresas e o desenvolvemento e aumento da competitividade das explotacións, especialmente aquelas lideradas por novos agricultores. É fundamental asegurar a substitución xeracional do sector agrario, así como a fixación da poboación en zonas rurais co fin de evitar o grave problema do despoboamento e o envellecemento do medio rural galego.

Os indicadores demográficos demostran o grave problema de despoboamento e envellecemento que sofre Galicia, moi especialmente nas zonas rurais do interior. A solución non é sinxela e require de apoios múltiples que pasan por mellorar as posibilidades de emprego e dotar ás zonas rurais de servizos que as fagan atractivas para a poboación, particularmente para a poboación nova.

A incorporación da poboación nova e capacitada ao sector agrario, o apoio ás pequenas explotacións, a diversificación da actividade económica, a creación de novas empresas, o apoio a microempresas e pequenas empresas non agrícolas, así como a extensión da rede de banda ancha ao total do territorio rural son elementos imprescindibles de desenvolvemento que fomentan a creación de emprego e, por tanto o asentamento poboacional.

Para lograr estes obxectivos, o Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 pon en marcha catro submedidas:
 

En todos os casos consideraranse como criterios de prioridade os investimentos en proxectos innovadores recoñecidos no marco da AEI e as procedentes de iniciativas de cooperación e desenvolvemento local.


Medida 7: Servizos básicos e renovación de poboación nas zonas rurais

A fixación da poboación no medio rural pasa por un nivel de calidade de vida asociado, en parte, á oferta de servizos básicos nestas áreas. É por iso que esta medida pretende financiar investimentos que fomenten a oferta de servizos e  contribúan ao mantemento da poboación en zonas rurais de Galicia.

Impleméntanse 5 submedidas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020:
 


Medida 8: Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques

O sector forestal alcanza un peso moi importante en Galicia e por iso, a xestión forestal sustentable supón un importante fito fronte ao mantemento e fomento deste sector. Conforme esta medida, levaranse a cabo actuacións para a creación de superficies forestais e agroforestais, accións de prevención e restauración de superficies afectadas por incendios, pragas e enfermidades forestais, investimentos non produtivos e actuacións de apoio ao tecido empresarial asociado aos bosques.

Articúlanse seis submedidas:
 


Medida 9: Creación de grupos e organización de produtores

O fomento dunha boa estrutura empresarial ligada ao sector agrario é fundamental para a comercialización dos produtos. Con esta medida preténdese apoiar a creación de agrupacións e organizacións de produtores co fin de mellorar a súa competitividade e a comercialización dos seus produtos.

Esta axuda articúlase nunha única submedida:
 


Medida 10: Agroambiente e clima

O obxectivo desta medida é fomentar prácticas agrarias máis sustentables coa contorna, que aseguren a conservación da biodiversidade e fomenten a adaptación ao cambio climático á vez que se mantén a actividade da explotación. A aplicación destas prácticas pode levar a diminución da produción ou certa perda de rendibilidade. Con esta axuda preténdese compensar ao agricultor pola realización destas prácticas agrarias máis sustentables.

En virtude desta medida compénsase a aqueles agricultores que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou varios compromisos agroambientais e climáticos. A compensación será relativa aos custos adicionais e perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

En base a dúas submedidas diferentes, o tipos de compromisos que poden adquirir os agricultores galegos son os seguintes:
 


Medida 11: Agricultura ecolóxica

O sector da agricultura ecolóxica continúa sendo un terreo por desenvolver en Galicia. Por iso impleméntase esta medida no PDR co fin de fomentar tanto o cambio de prácticas agrarias cara á agricultura ecolóxica, como o mantemento das superficies xa integradas neste sistema.

A medida oriéntase á promoción do cambio das prácticas agrícolas habituais cara aos sistemas de produción ecolóxica definidos no Regulamento (CE) 834/2007 do Consello, do 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, e ao mantemento dos mesmos.

Impleméntanse dous submedidas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020:
 


Medida 13: Pago a zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas

Esta medida oriéntase á compensación polas perdas de ingresos e custos adicionais derivados das limitacións de distinta natureza que han de afrontar as explotacións agrarias en zonas de montaña e noutras áreas con dificultades naturais distintas das de montaña.


Medida 15: Servizos silvoambientais e climáticos e conservación dos bosques

A través desta medida apoiaranse actuacións para a conservación e promoción de recursos xenéticos forestais así como para promover o cambio de cultivo en superficies forestais de alto valor natural.

Esta axuda articúlase a través de dúas submedidas:
 


Medida 16: Cooperación

A medida de cooperación enténdese como unha medida transversal ao conxunto de actuacións recollidas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. Estrutúrase en dúas liñas de traballo, por unha banda, as axudas referidas ao desenvolvemento das actuacións vinculadas á Asociación Europea da Innovación e por outra, as axudas destinadas a fomentar a cooperación como eixo condutor do cumprimento das prioridades de desenvolvemento rural.

Articúlanse as seguintes submedidas:
 


Medida 19: Apoio para o desenvolvemento local LEADER

A iniciativa LEADER, como instrumento de desenvolvemento local integrado, innovador, multisectorial e participativo, demostrou ser unha ferramenta que contribúe ao equilibrio territorial nas zonas rurais galegas. Coa inclusión desta medida no PDR galego, preténdese seguir apostando por esta ferramenta fomentando a innovación e impulsando o deseño da estratexia polos axentes do territorio.

Prográmanse as seguintes submedidas:
 

Axudas activas

Non existen axudas que amosar