Publicidade

 
top-banner

No artigo 66 do Regulamento 1305/2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) establécese, que a Autoridade de Xestión do PDR será a responsable de dar publicidade ao Programa ofrecendo información acerca das posibilidades que este ofrece e as normas para acceder ao seu financiamento, así como sobre a contribución da Unión Europea ao desenvolvemento do medio rural galego.

Doutra banda, o Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión polo que se establecen as disposicións de aplicación do regulamento Feader, obriga á  elaboración dunha Estratexia de Información e Publicidade que recolla os obxectivos e as actuacións en materia de publicidade previstos. Deste xeito a autoridade de xestión presentou a comité de seguimento a Estratexia de Información e Publicidade do PDR de Galicia 2014-2020, cuxo texto actualizado aparece publicado nesta sección.  

O piar sobre o que virará o devandito plan de publicidade é este portal web do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, que supón unha xanela ás liñas estratéxicas da política de desenvolvemento rural apoiadas desde a Unión Europea. Preténdese con iso lograr unha maior concienciación e reforzar a transparencia da información sobre as oportunidades de financiamento.

Carteis e placas

   
Modelos Características