AEI: Asociación Europea para a Innovación

 
top-banner

No ano 2012 a Comisión Europea puxo en marcha a Asociación Europea de Innovación para a Produtividade e Sustentabilidade Agrícola (EIP-AGRI), co obxectivo fundamental de impulsar a innovación para lograr unha agricultura e unha silvicultura competitivas e sustentables, que permitan producir máis con menos recursos e menor impacto ambiental, contribuír a un abastecemento estable de alimentos, pensos e biomateriais, mellorar os procesos encamiñados á protección do medio ambiente, a adaptación ao cambio climático ou a súa mitigación e acurtar a distancia entre a oferta científica investigadora e as necesidades dos sectores agrario, alimentario e forestal.

A EIP de agricultura, EIP AGRI, conecta diferentes actores do sector agroalimentario e forestal (agricultores, asesores, investigadores, empresas agrícolas, ONG e outros interesados) dos diferentes Estados membros co obxectivo de unir sinerxías entre eles e desenvolver proxectos innovadores de interese comunitario. Deste xeito, a rede EIP-AGRI desenvolve as seguintes tarefas:

 

  • Serve de portal para a difusión e divulgación de información sobre proxectos innovadores que se están levando a cabo na Unión Europea.
  • É o nexo de unión para diferentes actores interesados no desenvolvemento rural: centros de investigación, organizacións agrarias, Administración pública, entidades sen ánimo de lucro, etc.
  • Ofrece información acerca das posibles vías de financiamento para os proxectos innovadores (Horizonte 2020 e os Programas de Desenvolvemento Rural).
  • Xestiona os denominados Focus Group, que son grupos de traballo temáticos nos que participan expertos especializados en diferentes aspectos agrícolas, gandeiros, agroalimentarios e forestais. Nestes grupos analízase a situación de cada temática, identifícanse as necesidades e as posibles solucións aos devanditos problemas e os resultados son divulgados a través da Rede EIP AGRI.
  • Elabora publicacións de interese para os axentes de innovación.

O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR) apoia a creación de grupos operativos de carácter autonómico (submedida 16.1.1) e a execución dos proxectos innovadores definidos e deseñados por estes grupos (submedida 16.1.2).

A divulgación dos resultados, boas prácticas e leccións aprendidas destes proxectos realízara a través da Rede Rural Nacional.