Que son os Grupos de Acción Local?

 
top-banner

Os Grupos de Acción Local (GAL) son asociacións sen ánimo de lucro, nas que deben estar representados os intereses socioeconómicos locais, públicos e privados, aos que corresponde o deseño e xestión da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do seu territorio.

Para o deseño e posta en marcha da EDLP, os GAL poden acceder á medida 19 do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado mediante a Decisión da Comisión Europea C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, a cal se estrutura en catro submedidas:

 

  • Submedida 19.1: Apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local.
  • Submedida 19.2: Apoio para a realización das operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo.
  • Submedida 19.3: Actividades de cooperación.
  • Submedida 19.4: Custos correntes e animación.

Á súa vez, os GAL son entidades colaboradoras na xestión da submedida 19.2.

Ao comezo do período, mediante un procedemento de convocatoria pública, foron seleccionadas 24 EDLP presentadas por outras tantas asociacións que obtiveron o recoñecemento de GAL.