Submedida 11.1: Pago para o cambio a prácticas e métodos de agricultura ecolóxica


Imagen

A axuda prevista no marco da presente medida concederase por hectárea de superficie agrícola aos agricultores que se comprometan voluntariamente a adoptar prácticas e métodos de agricultura ecolóxica definidos no Regulamento (CE) 834/2007 do Consello e que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

As axudas concederanse anualmente e compensarán aos beneficiarios pola totalidade dos custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

Descargue a información ampliada da submedida 11.1 premendo aquí.

Históricos de Axudas

ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D
 Prazo de presentación: 01/02/21 - 25/05/21 
ORDE do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G).
 Prazo de presentación: 19/02/20 - 30/09/20 
ORDE do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G).
 Prazo de presentación: 18/02/20 - 28/02/20