Submedida 15.2: Apoio á conservación e o fomento de recursos xenéticos forestais


Imagen

A submedida estará orientada ao fomento de accións dirixidas á conservación dos recursos xenéticos forestais e mellora do material forestal de reprodución (MFR), incluíndo actividades como o desenvolvemento das diferentes variedades de especies forestais adaptadas ás condicións locais específicas e a asegurar que os bosques contribúen plenamente ao conxunto dos obxectivos ambientais, climáticos e sociais.

En virtude desta medida apoiaranse actividades focalizadas que fomenten a conservación in situ e ex situ, a caracterización, a recompilación e a utilización de recursos xenéticos en silvicultura, actividades concertadas que impulsen o intercambio de información entre as organizacións competentes dos Estados membros con miras á conservación, caracterización, recompilación e utilización dos recursos xenéticos forestais da Unión, e actividades de acompañamento, informativas, divulgativas e de asesoramento nas que participen organizacións non gobernamentais e outras partes interesadas, cursos de formación e elaboración de informes técnicos

Descargue a información ampliada da submedida 15.2 premendo aquí.

Históricos de Axudas

Neste momento non existen ninguna axuda activa