Submedida 16.1: Apoio para a creación e o funcionamento de grupos operativos da EIP en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas


Imagen

A submedida 16.1 orienta a consolidación en Galicia dos elementos estruturais da AEI en materia de sustentabilidade e produtividade agraria, establecendo o esquema instrumental básico de financiamento, apoio e funcionamento das iniciativas de innovación ao amparo do programa de desenvolvemento rural para o período 2014-2020. Esta submedida inclúe dous tipos de operacións:

 

  • Operación 16.1.1: Axudas á creación de grupos operativos da AEI.

A axuda á creación de grupos operativos está destinada á definición, elaboración e procura de socios para os proxectos innovadores, é dicir, a creación do grupo onde serán elixibles os custos necesarios para articular o proxecto, previamente á súa aprobación como tal. As axudas desta operación estarán dirixidas a financiar a fase previa (preparación do grupo, procura de socios, reunións de coordinación e animación, redacción de borradores, etc.) dos proxectos innovadores, con o obxectivo de apoiar a elaboración de proxectos consistentes e ben estruturados.

Descargue a información ampliada do tipo de operación 16.1.1 premendo aquí.

 

  • Operación 16.1.2: Axuda para a execución de proxectos dos grupos operativos da AEI.

O tipo de operación 16.1.2 está dirixido a financiar os proxectos innovadores seleccionados, que cobre os gastos derivados da execución do devandito proxecto. Serán elixibles os grupos operativos para a fase de establecemento do grupo así como o axente de innovación, no seu caso, que presenten solicitude de axuda.

Descargue a información ampliada do tipo de operación 16.1.2 premendo aquí.

Históricos de Axudas

Neste momento non existen ninguna axuda activa