Submedida 16.2: Axudas para proxectos piloto e desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías


Imagen

A submedida financia iniciativas de cooperación en materia de innovación nos sectores agrícola, alimentario e forestal. As iniciativas traduciranse na implantación de proxectos piloto ou no desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías. En ningún caso financiaranse proxectos de investigación básica.

O desenvolvemento poderá entenderse tanto como a incorporación de novidades como a aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron previamente. Con todo, non se poderán financiar proxectos xa realizados en territorios e condicións similares.

Descargue a información ampliada da submedida 16.2 premendo aquí. 

Históricos de Axudas

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR331A).
 Prazo de presentación: 19/02/21 - 18/03/21 
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR331A).
 Prazo de presentación: 14/02/20 - 13/03/20 
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.
 Prazo de presentación: 07/02/19 - 06/03/19