Submedida 16.4: Cooperación horizontal e vertical entre os axentes da cadea distribución para o establecemento de canles curtas e mercados locais


Imagen

O obxectivo desta medida é fomentar a cooperación entre produtores primarios ou microempresas agroalimentarias para a creación ou consolidación de mercados locais e a promoción de canles curtas de distribución. A iniciativa limítase ao marco territorial concreto de pertenza dos axentes.

Poderanse financiar aquelas actuacións de cooperación levadas a cabo no marco territorial concreto de pertenza dos axentes e que permitan:

  • A creación ou consolidación de mercados locais entendidos como aqueles comprendidos nun radio non superior a 20 Km desde a explotación de orixe do produto, na que deberán ter lugar as actividades de transformación, e o punto de venda ao consumidor final, medidos en liña recta sobre plano.
  • A promoción de canles curtas de distribución entendidos estes como aquelas canles nos que non interveña máis dun intermediario entre o produtor e o consumidor.

Descargue a información ampliada da submedida 16.4 premendo aquí.

Históricos de Axudas

Neste momento non existen ninguna axuda activa