Submedida 19.3: Cooperación a través do enfoque LEADER


Imagen

A cooperación neste período de programación (2014-2020) será optativa para os Grupos de Acción Local. No programa Leader de Galicia 2014-2020 os proxectos de cooperación non serán seleccionados directamente polos grupos de acción local, con todo, en cumprimento do disposto no artigo 44.3 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do fondo FEADER, implantarase un sistema de presentación de solicitudes permanente en materia de cooperación.

Os GAL que se propoñan realizar un proxecto de cooperación como coordinadores deberán buscar os socios participantes, de acordo co artigo 44.2 do Regulamento (UE) 1305/2013 e elaborar unha solicitude na que conste polo menos, a descrición do proxecto, obxectivos, actuacións previstas, prazo de execución, orzamento aproximado e financiamento do proxecto.

Descargue a información ampliada da submedida 19.3 premendo aquí.

Históricos de Axudas

Neste momento non existen ninguna axuda activa