Submedida 2.3: Apoio á formación de asesores


Imagen

O obxectivo desta submedida persegue a formación de asesores para facilitar que as entidades seleccionadas para a prestar servizos de asesoramento dispoñan de recursos adecuados en termos de persoal cualificado, con formación periódica e de experiencia e fiabilidade en materia de asesoramento nos ámbitos nos que presten o servizo. Os destinatarios finais da formación serán o persoal técnico das entidades de asesoramento recoñecidas e persoal da propia Administración.

No marco desta submedida fináncianse actividades formativas destinadas ao persoal das entidades de asesoramento recoñecidas. O formato destas accións pode ser variado: cursos teórico-prácticos, seminarios, sesións informativas, talleres, accións de demostración, información e divulgación, campañas de divulgación e concienciación, visitas formativas, deseño, edición e publicación de material didáctico e informativo.

Descargue a información ampliada da Submedida 2.3 premendo aquí.

Históricos de Axudas

Neste momento non existen ninguna axuda activa