Submedida 21.1: Axuda temporal excepcional destinada aos agricultores e ás pemes especialmente afectados pola crise de COVID-19


Imagen

A axuda articúlase como unha compensación por manter a actividade en función das unidades de traballo anual ou das vacas #ama de cría existentes no momento da declaración do estado de alarma.

No caso de agricultores ou titulares de explotacións agrícolas esta axuda contribúe ao ámbito de interese de mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a reestruturación e modernización das mesmas, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

No caso das Pemes a axuda contribúe ao ámbito de interese de facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

Descargue a información ampliada da submedida 21.1 premendo aquí.

Históricos de Axudas

Neste momento non existen ninguna axuda activa