Submedida 3.1: Axudas á participación en réximes de calidade


Imagen

Dada a importancia e a calidade dos produtos agroalimentarios galegos, que con todo non chegan a penetrarse no mercado de forma efectiva, preténdese con esta axuda apoiar aos agricultores e asociacións de agricultores a formar parte por primeira vez de réximes de calidade recoñecidos que favorezan a súa participación na cadea alimentaria.

Con esta liña de axuda apóiase a primeira participación dos agricultores e as súas agrupacións en réximes de calidade de produtos recoñecidos.

Descargue a información ampliada da Submedida 3.1 premendo aquí.

 

Históricos de Axudas

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR362A)
 Prazo de presentación: 06/03/21 - 18/05/21