Submedida 3.2: Apoio ás actividades de información e promoción no mercado interior.


Imagen

A información e a promoción dos produtos supoñen un importante labor para a introdución dos produtos nos mercados e a mellora da comercialización. É por iso, que se pon en marcha esta submedida co obxectivo de incentivar e apoiar as actividades de promoción dos devanditos produtos agroalimentarios galegos.

No marco desta axuda fináncianse os custos derivados das actividades de información e promoción levadas a cabo por grupos de produtores con personalidade xurídica propia no mercado interior e en relación a devanditos produtos.

Descargue a información ampliada da Submedida 3.2 premendo aquí.

Históricos de Axudas

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2021 (código de procedemento MR302A).
 Prazo de presentación: 26/01/21 - 25/03/21 
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2019.
 Prazo de presentación: 07/02/19 - 06/03/19