Submedida 4.4: Apoio aos investimentos non produtivos vinculadas ao cumprimento de obxectivos agroambientais e climáticos


Imagen

Con esta medida apoiarase o desenvolvemento de proxectos para a mellora da paisaxe rural tradicional e os seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats en zonas da Rede Natura 2000 e outras áreas de alto valor natural.

En virtude desta medida fináncianse investimentos non produtivos que contribúan a mellorar o carácter de utilidade pública das zonas Natura 2000, así como investimentos para a mellora da paisaxe rural e o desenvolvemento do seu uso recreativo. Os posibles beneficiarios da mesma serán a Administración autonómica para aquelas actuacións promovidas directamente baixo a súa iniciativa, e agricultores e titulares de terreos forestais privados.

Descargue a información ampliada da Submedida 4.4 premendo aquí.

 

Históricos de Axudas

ORDE do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A).
 Prazo de presentación: 15/02/20 - 16/03/20 
ORDE do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2020 e 2021, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A).
 Prazo de presentación: 13/02/20 - 12/03/20