Submedida 6.2: Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais


Imagen

En virtude desta axuda apoiaranse aquelas iniciativas de creación de emprego en zonas rurais galegas mediante a primeira instalación ou desenvolvemento de actividades económicas non agrarias. Este tipo de actuacións contribuirán tanto á diversificación económica como á sustentabilidade territorial, en termos económicos e sociais.

As iniciativas apoiadas poderán ser realizadas por agricultores, por membros dunha unidade familiar dunha explotación que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas, microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien actividades nunca levadas a cabo antes pola empresa en cuestión, no momento da solicitude de axuda, así coma outras persoas físicas residentes nas zonas rurais, ben para crear unha nova empresa ou ben para seguir traballando na preexistente como traballador por conta propia.

Estas iniciativas non terán carácter agrario, poderán ser, entre outras, actividades de turismo rural, prestación de servizos turísticos, hostalería, iniciativas de agroturismo; comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE); talleres e fábricas de bens e materiais; produción e/ou elaboración de produtos non agropecuarios etc.

Descargue a información ampliada da Submedida 6.2 premendo aquí.

Históricos de Axudas

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (Galicia rural emprende).
 Prazo de presentación: 05/01/19 - 04/03/19