Submedida 6.3: Axudas destinadas á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións


Imagen

O obxectivo desta medida é apoiar ás explotacións agrarias galegas na posta en marcha de novos proxectos que xeren creación de emprego. Apóianse aquelas actuacións recollidas nun plan empresarial e levadas a cabo por pequenas explotacións agrarias inscritas no rexistro de explotacións agrarias de Galicia (REAGA).

Enténdese por pequenas explotacións agraria aquelas cuxa renda unitaria de traballo (RUT) atópese entre os seguintes parámetros:

  • A RUT mínima que se obteña será igual ou superior ao 15% da renda de referencia.
  • A RUT máxima que se obteña será inferior ao 35% da renda de referencia.

Descargue a información ampliada da Submedida 6.3 premendo aquí.

 

Históricos de Axudas

ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).
 Prazo de presentación: 29/01/20 - 28/02/20 
ORDE do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).
 Prazo de presentación: 21/05/19 - 20/06/19