Submedida 7.3: Apoio ás infraestruturas de banda ancha


Imagen

A Comisión europea ha establecido o obxectivo de lograr, en 2020, que o 100% de poboación conte cunha cobertura de 30 megas. Así, esta submedida contemplada no PDR contribuirá a este obxectivo.

A submedida poderá incluír actuacións de creación, mellora e despregamento de infraestruturas de banda ancha, conexión vía satélite, ou mediante outras tecnoloxías específicas para a conexión de zonas sen cobertura nin previsións de contar con cobertura nun futuro próximo, ou de asistencia para a elaboración de plans que favorezan o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións e a incorporación das mesmas en obras e edificios.

Descargue a información ampliada da Submedida 7.3 premendo aquí.

Históricos de Axudas

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR604A).
 Prazo de presentación: 10/11/18 - 31/01/19