Submedida 7.6: Axuda para recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural


Imagen

O obxectivo básico é promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais, actuacións específicas de protección e xestión en zonas Rede Natura 2000, así como noutras posibles zonas de elevado e contrastado valor natural, como as Reservas da Biosfera, que deberán enmarcarse nos plans xerais de conservación e xestión ambiental da Administración autonómica.

Entre outras, a submedida poderá incluír actuacións de restauración de ecosistemas naturais, de posta en valor da riqueza natural e paisaxística das zonas rurais, de creación, restauración, e xestión de áreas de conservación da vida salvaxe ou de creación de redes rexionais Natura 2000.

Descargue a información ampliada da Submedida 7.6 premendo aquí.

Históricos de Axudas

ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).
 Prazo de presentación: 06/02/21 - 05/03/21 
ORDE do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).
 Prazo de presentación: 10/08/19 - 09/09/19