Mantesil S.L.U.
Actividades recreativas - A Rúa (Ourense). Modernización de equipamentos para a realización de actividades recreativas nas zonas rurais de Valdeorras.
Adquisición dunha pista de patinaxe portátil sobre xeo sintético. Estas instalacións non teñen custos ecolóxicos, xa que non consumen auga nin electricidade. A pista está composta de paneis, e vallas, en total fórmanse 180m2. con estas pistas pódese patinar en calquera época do ano, coa sensación do patinaxe sobre xeo.
Adquisición dun parque de aventura portátil, consistente nun circuíto formado por diversos tipos de pontes colgantes e xogos de altura, montados con cables de aceiro, cordas e madeira, que se unen con plataformas instaladas sobre postes. Pódese montar sen necesidade de cimentación e ser trasladado dun lugar a outro. Este parque é 100% seguro, xa que leva unha liña de vida continua, os participantes nunca poden caer, xa que dende que entran ata que saen están anclados o cable de liña de vida.