Quimiasfalt, S.L.L.
Ampliación e modernización de planta de fabricación de emulsións asfálticas. - Ordes (A Coruña). O proxecto consiste na construción dunha nave e a instalación dun depósito para o aditivo fabricado que mellorará a conservación do produto e aportará maior seguridade ambiental; na incorporación dun sistema de enchido dos depósitos mediante radares, calorifugado das tubarías e un novo sistema de mistura de betumes, o que mellorará a eficiencia enerxética; e a creación e posta en marcha dunha páxina web, o que mellorará a comercialización.