Intervencións

Intervencións

No proceso de elaboración do Plan Estratéxico da PAC abordouse a priorización de necesidades previamente identificadas e, posteriormente, a selección e o deseño das intervencións que deben dar resposta a esas necesidades, sobre a base dos tipos de intervencións que se contemplan nos capítulos II, III e IV do título III do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

65.012. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles.

A agricultura sostible é un sistema de produción agraria conservador de recursos, respectuoso co medio ambiente e economicamente viable. Esixe aos agricultores estar mellor preparados e contar cos coñecementos técnicos que poden contribuír a preservar o medio ambiente, a transparencia na produción e a seguridade alimentaria. Supón a obtención dunha rendibilidade dos produtos agrarios, ademais da produción de alimentos saudables para as xeracións presentes e futuras a uns prezos razoables para os consumidores e suficientes para manter a economía do sector agrario.

 

Con esta intervención tamén se busca o mantemento ou recuperación de determinados tipos de cultivo máis beneficiosos para o chan, a biodiversidade e o medio ambiente en xeral.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Economía circular. Pequenas explotacións Forraxes Extensivos Leñosos

65.013. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos

O obxectivo desta intervención é fomentar a recuperación de pastos e a conservación dos ecosistemas de pastos de sega, co fin de potenciar a biodiversidade e o mantemento dos valores ecolóxicos destes hábitats, e incentivar unha xestión racional das explotacións gandeiras de carácter extensivo, compatibilizando a conservación do medio físico no que se atopan. 

Deberanse adoptar as medidas apropiadas para evitar a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación dos espazos da Rede Natura 2000. 

Tamén se buscará compatibilizar a presenza do lobo cos aproveitamentos agrícolas e gandeiros, de maneira que diminúan os conflitos e mellore a capacidade de coexistencia.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Extensificación de prados Extensificación pastos arbustivos e arbolados Convivencia co lobo

65.014. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade

O obxecto desta intervención é apoiar prácticas e métodos de produción que axuden a reducir a problemática do sector da apicultura. Entre outras, as dificultades son: 

- Factores climáticos relacionados con episodios extremos de calor e frío. 

- Ausencia dos niveis habituais de precipitacións que inciden directamente sobre o desenvolvemento das floracións. 

- Elevados custos de produción, unidos ao baixo retorno do mercado, que ven afectados á súa vez polos elevados volumes de mel e produtos apícolas importados de terceiros países a prezos moi por baixo do prezo de produción nacional. 

- Factores sanitarios como enfermidades (Varroa destrutor) e factores ecolóxicos, que a través doutros organismos agresores da colmea (Vespa velutina, Merops apiaster) minguan as poboacións de abellas. 

Tamén é necesario establecer un equilibrio entre a presenza de colonias de abella melífera en réxime de explotación con outras poboacións de polinizadores silvestres.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Apicultura

65.021. Compromisos forestais de xestión

Preténdese fomentar a xestión forestal sostible, incrementando a multifuncionalidade dos bosques, a súa protección e restauración para lograr o bo estado dos hábitats e as especies relacionadas con eles, co fin de mellorar os servizos ecolóxicos e a biodiversidade e, dese modo, crear resiliencia ante os efectos do cambio climático nos bosques e en xeral todos os sistemas forestais. Outro dos obxectivos é a mellora da prevención dos incendios forestais e a súa posterior restauración, mediante a optimización da adaptación ao cambio climático. 

Estas axudas fomentan prácticas voluntarias de xestión que contribúen á conservación e estabilidade dos montes, de maneira que poidan seguir prestando servizos ecosistémicos tales como a captura e almacenamento de carbono, regulación hidrolóxica, servizos culturais e de recreo, protección de chans, conservación da biodiversidade e mantemento da paisaxe.

Así, prevese o apoio de compromisos relacionados coa xestión e conservación de bosques de frondosas autóctonas e coa xestión de montes recreativos e periurbanos. Tamén se promoverá a adhesión voluntaria a sistemas de certificación de xestión forestal sostible con certificación de servizos ecosistémicos non remunerados polo mercado.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Frondosas_01 Frondosas_02 Recreativos e periurbáns_01 Recreativos e periurbáns_02 Certificación servizos ecosistémicos_01 Certificación servizos ecosistémicos_02

65.022. Compromisos de mantemento de forestacións e sistemas agroforestais

Preténdese incentivar as actuacións voluntarias de mantemento de forestacións ou repoboacións xa implantadas, que proporcionen servizos ambientais ao conxunto da sociedade. Estas axudas apoian a conservación de plantacións, facilitando o seu desenvolvemento de maneira que poidan prestar servizos ecosistémicos tales como a captura e almacenamento de carbono, regulación hidrolóxica, cantidade e calidade da subministración de auga, servizos culturais e de recreo, protección de chans, conservación da biodiversidade e mantemento da paisaxe.

 

Por outra banda, tamén se busca mellorar a prevención dos incendios forestais e a posterior restauración, mediante a mellora da adaptación ao cambio climático. 

 

O mantemento adecuado das forestaciones e sistemas agroforestais implantados é imprescindible para asegurar o seu correcto funcionamento.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Mantemento de forestacións ou repoboacións forestais

65.03. Compromisos de xestión agroambientais en agricultura ecolóxica

Para dar resposta á crecente demanda de produtos ecolóxicos por parte dos consumidores, esta intervención pretende fomentar a substitución das prácticas agrarias tradicionais polas ecolóxicas, así como apoiar o mantemento das superficies que xa están integradas neste sistema. Estas metodoloxías buscan garantir a largo prazo unha agricultura e gandería sostibles, así como a protección dos recursos naturais.

Para isto, axudarase ós beneficiarios que se comprometan a adoptar as prácticas e métodos de produción definidos no Regulamento (UE) 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello sobre Produción ecolóxica e etiquetado dos produtos ecolóxicos, fomentando tanto o mantemento como a conversión da produción ecolóxicas.

En especial, contemplarase na súa modalidade ecolóxica: cultivos agrícolas, viñedo para vinificación, gandería e apicultura.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Conversión cultivos agrícolas ecolóxicos Mantemento cultivos agrícolas ecolóxicos Conversión viñedo para vinificación ecolóxica Mantemento viñedo para vinificación ecolóxica Conversión ganadería ecolóxica Mantemento ganadería ecolóxica Conversión apicultura ecolóxica Mantemento apicultura ecolóxica

65.051. Compromisos de conservación de recursos xenéticos

A erosión xenética é o proceso de perda de variedades e razas das especies domésticas e silvestres vexetais e animais, é un proceso continuo e xeneralizado a nivel mundial. As causas son: a introdución de especies e variedades foráneas, os procesos de transformación das prácticas e sistemas agropecuarios tradicionais e as esixencias dos mercados. 

 

O obxectivo desta intervención é tratar de evitar esta perda de variedades. Vanse apoiar os compromisos agroambientais e climáticos para a conservación nas explotacións de razas e variedades vexetais ameazadas de erosión xenética.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Razas autóctonas en perigo de extinción (SIGC) Variedades en risco de erosión xenética (SIGC)

65.052. Actividades de conservación de recursos xenéticos

O obxecto principal desta intervención é o apoio á conservación, utilización e desenvolvemento sostibles dos recursos xenéticos agrícolas, gandeiros e forestais mediante proxectos encamiñados á caracterización, conservación, utilización e/ou difusión dos recursos fitoxenéticos e zooxenéticos de interese, así como o fomento e a promoción deses recursos.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Asociacións para a preservación dos recursos gandeiros Proxectos de conservación xenética vexetal e gandeira Proxectos de conservación xenética forestal Actuacións puntuais sobre unidades de admisión declaradas Actuacións sobre parcelas de alto valor xenético

66.13. Axudas a zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas

O Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no seu artigo 32, define as zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas como:

- Zonas de montaña

- Zonas distintas das de montaña, pero con limitacións naturais significativas

- Outras zonas con limitacións específicas. Nestas zonas encóntranse obstáculos naturais como a calidade do chan, a pendente e outras características biofísicas, que provocan perdas de ingresos e custes adicionais na xestión dos agricultores.

Estas circunstancias tradúcense en menores rendementos e maiores custes unitarios para os usuarios, de xeito que as explotacións localizadas nas ditas zonas presentan dificultades para manter unha renda viable.

Esta intervención tratará de apoiar as rendas destas explotacións para favorecer a súa viabilidade. Asimesmo, se axuda a previr o deterioro destes lugares evitando o abandono de terras e o despoboamento.

Ligazón á ficha completa da intervención.

IU_primaZLN

68.411. Axudas a inversións productivas en explotacións agrarias vinculadas a contribuir a mitigación-adaptación ó cambio climático e o uso eficiente dos recursos naturais

Esta intervención cofinanciará tres grupos de operacións: 

- Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático 

- Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, chan, aire 

- Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes 

Para poder ser considerados como subvencionables, os investimentos deben cumprir e ir máis aló das normas ou prácticas normais e dos requisitos obrigatorios, prestándose especial atención na observación deste requisito ás operacións relacionadas coa xestión do esterco, a eficiencia enerxética e o benestar animal.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Investimentos en explotacións Maquinaria Equipamentos en común Pequenas explotacións Operacións IF

68.412. Axudas a inversións en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias

Mediante esta intervención tentarase lograr a modernización e/ou a mellora das explotacións agrarias en xeral, facilitando a reestruturación en termos de dimensión, tamaño ou orientación produtiva, potenciando e dando continuidade á primeira instalación para mozos dedicados á agricultura e o mantemento do tecido produtivo no medio rural. 

Tamén se facilitarán investimentos colectivos en réxime asociativo. As operacións apoiadas serán: 

- Mellora da competitividade das explotacións agrarias 

- Compra de maquinaria agrícola en réxime asociativo 

- Investimentos en pequenas explotacións

Ligazón á ficha completa da intervención.

Explotacións Maquinaria Pequenas explotacións Operacións IF

68.421. Axudas a inversións con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios

A través da presente intervención cofinanciaranse investimentos dirixidos a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) na industria, a través de investimentos na implantación de novas tecnoloxías que teñan menores emisións, mellores equipos de filtrado, etc; incorporación de enerxías alternativas na industria agroalimentaria: renovables (solar, térmica, eólica, fotovoltaica, biomasa e biogás) e coxeración; investimentos que permitan mellorar a eficiencia enerxética (actuacións dirixidas ao uso máis eficiente da enerxía na transformación dos produtos agrarios, actuacións dirixidas á mellora de illamentos térmicos de instalacións, etc). 

Poderanse apoiar categorías de investimentos como as que seguen: 

- Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais 

- Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola e gandeira para aumentar a autosuficiencia enerxética 

- Adopción de fontes renovables de enerxía na industria 

- Redución de emisións de GEI e mellora dos recursos hídricos na industria

Ligazón á ficha completa da intervención.

Operacións IIFF Proxectos

68.422. Axudas a inversións en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de productos agroalimentarios

Apoiaranse investimentos no ámbito da transformación e da comercialización de produtos agroalimentarios que busquen, entre outros obxectivos: mellorar o rendemento e desenvolvemento económico das empresas, fomentar os produtos de calidade, mellorar a seguridade alimentaria, favorecer a creación de cadeas curtas de comercialización, potenciar a innovación e a transformación dixital, o desenvolvemento de novos produtos, a procura de novos mercados, valorización de subprodutos agrarios, etc.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Proxectos estratéxicos Proxectos non estratéxicos Operacións IIFF Proxectos

68.432. Axudas a inversións en infraestructuras agrarias para fomento da competitividade

Esta intervención apoiará os investimentos en infraestruturas agrarias para a mellora da competitividade. 

Ademais de investimentos en novas infraestruturas, tamén se poderán levar a cabo actuacións para a recuperación ou mellora de infraestruturas xa existentes. Ademais, está previsto levar a cabo investimentos relacionados coa estrutura da propiedade (concentración e reestruturación parcelaria, rehabilitación e posta en servizo de superficies agrarias, bancos de terras, etc), camiños (tanto novos como mellora dos existentes) e outras infraestruturas agrarias, xeralmente promovidas por Entidades Locais que presten servizo ás explotacións da zona. Estas actuacións estarán definidas para Aldeas modelo e Polígonos agroforestais.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Aldeas modelo Polígonos agroforestales

68.44. Axudas a inversións non productias en explotacións agrarias vinculadas á mitigación-adaptación ó cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e biodiversidade

Nesta intervención levaranse a cabo actuacións non produtivas que contribúan á protección do medio ambiente e do entorno rural, en particular á biodiversidade agraria, mellorando as súas condicións e minimizando as incompatibilidades que poidan orixinarse coa fauna silvestre, e potenciando a posibilidade de acceso e aproveitamento dos recursos naturais.

Tamén se prestará especial atención ó fomento da conectividade da paisaxe e a unha maior diversidade dos seus elementos, coa fin de contribuír ó obxectivo do Pacto Verde da Unión Europea en materia de diversidade biolóxica.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Investimentos non productivas en explotacións agrarias

68.64. Axudas a inversións para a diversificación agraria

Esta intervención busca contribuír á mellora do dimensionamento das explotacións e o mantemento da actividade agraria, complementándoa, no seu caso, con outras actividades non agrarias, e polo tanto, mellorando a renda dos agricultores a través de novas fontes de ingresos. Deste xeito, espérase un fortalecemento do tecido socioeconómico gracias á diminución do despoboamento, facer fronte á renovación xeracional, reducir a fenda entre o emprego feminino e o masculino nas zonas rurais e prestar especial atención ós grupos vulnerables como os traballadores temporais e os migrantes. 

Os proxectos consistirán en novas actividades empresariais en sectores non agrícolas, en núcleos rurais vinculados a Aldeas Modelo declaradas en virtude dos acordos do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), en ámbitos vinculados a polígonos agroforestais con acordos de inicio e a agrupacións de xestión conxunta recoñecidas, ó amparo da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, ou ó amparo da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Investimentos non agrícolas en Aldeas Modelo

68.71. Inversións non productivas en servicios básicos no medio natural

O obxectivo de estas investimentos e actuacións non produtivas é o de contribuír a mellorar os servicios públicos con repercusións favorables no medio ambiente. En particular, contribuirán a protexer a biodiversidade coa mellora do estado de conservación dos hábitats. Favorecerán a protección do medio ambiente e do entorno rural, e prestarán unha especial atención á gandería extensiva, mellorando as súas condicións sanitarias, minimizando o risco de transmisión de enfermidades entre gandería e fauna silvestre e potenciando a posibilidade de acceso e aproveitando as superficies pastables. 

Financiaranse dous tipos de actuacións:

- Relacionadas coa Rede Natura 2000.

- Implicadas na mellora de hábitats e biodiversidade.

Ligazón á ficha completa da intervención.

RN 2000 Hábitats e biodiversidade

68.72. Inversións en servicios básicos en zonas rurais

A axuda planeada nesta intervención levará a cabo investimentos en servicios básicos que permitan mellorar a competitividade e a xeración de emprego e renda nas áreas rurais, ademais de favorecer a permanencia no medio rural. Todo iso co obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación rural e tratar de evitar o despoboamento.

Apoiaranse investimentos como:

- Plans de dinamización do núcleo rural de Aldeas Modelo, incluíndo a mellora da habitabilidade das vivendas, a implementación de sistemas alimentarios locais e canais cortos de comercialización, o desenvolvemento de solucións baseadas na natureza, etc.

- Creación e/ou mellora de infraestruturas e equipamentos de servizos básicos como a rede viaria de aceso a núcleos rurais, servizos de transporte e mobilidade, centros de servizos e ocio, entre outros.

- Pequenas infraestruturas de abastecemento de auga, saneamento e depuración de augas residuais e xestión de augas pluviais, mesmo a elaboración de plans que teñan como obxectivo a adaptación ó cambio climático e a mellora da xestión do ciclo integral da auga.

- Dixitalización de pequenos núcleos rurais e Estratexias Smart Villages: posta en marcha de solucións innovadoras apoiadas nas tecnoloxías dixitais que aumenten a resiliencia dos territorios e xeren oportunidades nos mesmos.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Servizos básicos Plans de dinamización de núcleos rurais Actuacións de dinamización Renovables. Eficiencia enerxética Augas. Abastecemento e saneamento Dixitalización. Smart Villages

68.83. Inversións forestais productivas

Coas actuacións recollidas nesta intervención preténdese fomentar a xestión forestal sostible, incrementando a multifuncionalidade dos bosques, a súa protección e restauración. 

Outro obxectivo é o de mellorar a prevención de incendios forestais e a súa posterior restauración, mediante a mellora da adaptación ó cambio climático. A estes obxectivos debe sumarse a finalidade de crear oportunidades de emprego e actividade económica nas zonas rurais a través de ditos investimentos. Para iso apoiaranse medidas que promovan, por unha banda a mellora do valor económico dos bosques e, por outro, que apoien transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais (competitividade das empresas).

Ligazón á ficha completa da intervención.

Investimentos forestais produtivos_1 Investimentos forestais produtivos_2 Investimentos forestais produtivos_3 Investimentos forestais produtivos_4 Operacións con IIFF Investimentos para a mellora da competitividade da industria

68811. Inversións forestais non productivas en repoboación forestal e sistemas agroforestais

As actuacións que se propoñen dentro desta intervención pretenden fomentar a xestión forestal sostible, incrementando a multifuncionalidade dos bosques, a súa protección e a súa restauración para lograr o bo estado dos hábitats. Tamén son obxectivos concretos do Plan incrementar a superficie forestal arborada e conservar e restaurar os sistemas agroforestais. 

Por tanto, nesta intervención preténdense canalizar actuacións non produtivas como: 

- Axudas a investimentos en repoboacións e silvicultura de coníferas e frondosas 

- Axudas para o establecemento de sistemas agroforestais en montes ou terreos forestais, que combinan o aproveitamento forestal coa actividade agrícola ou gandeira, xerando a un tempo valores produtivos e ambientais.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Repoboación + infraestructuras Sistemas agroforestais + infraestructuras

68812. Inversións forestais en prevención de danos forestais

Preténdese fomentar a xestión forestal sostible, incrementando a multifuncionalidade dos bosques, a súa protección e a súa restauración para lograr o bo estado dos hábitats e das especies relacionados con eles, co fin de mellorar os servizos ecolóxicos e a biodiversidade para, deste xeito, crear resiliencia ante os efectos do cambio climático nos bosques e sistemas agroforestais.

As actuacións incluídas centran o seu obxectivo na prevención contra os incendios forestais e na prevención e a loita integrada contra pragas e enfermidades forestais e poden ser, entre outras:

- Control de vexetación invasora en terreo forestal como un tipo de silvicultura con obxectivos ambientais

- Prácticas preventivas de carácter local e a pequena escala para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal

- Construción e mantemento das redes de faixas de xestión de biomasa forestal

- Plans preventivos contra incendios e accións de colaboración coas administracións locais

- Equipos e material de vixilancia preventiva, detección e investigación forestal

Ligazón á ficha completa da intervención.

Prevención de danos + tratamentos e outras actuacións sanitarias Seguimento fitosanitario Selvicultura con obxectivos ambientais ou outros fins non productivos Infraestructura e selvicultura preventiva de incendios Dotación de medios materiais (ferramentas, vehículos, roupa…) Comunicacións. Vixilancia, zonas de aterraxe e investigación Elaboración de plans e proxectos Colaboración con entidades locais

68813. Inversións forestais non productivas en restauración de danos forestais

Con esta intervención búscase evitar o risco de erosión hídrica que provoca unha elevada vulnerabilidade á erosión post-incendio no monte galego, e a aplicación de medidas correctoras ante danos por pragas, enfermidades e outras perturbacións.

Preténdense realizar actuacións para a recuperación tras danos nas superficies forestais, entre as que se contemplan:

- A restauración do potencial forestal danado por incendios forestais, pragas e enfermidades e outros desastres naturais, así como catástrofes derivadas do cambio climático.

- Obras de restauración hidrolóxica-forestal: tratamentos posteriores ao incendio de conservación de chans, eliminación de restos forestais afectados, reforestación de zonas danadas, reconstrución de obras de enxeñería, redacción de proxectos etc.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Restauración Restauración + infraestructuras

68814. Inversións forestais non productivas en outras actuacións silvícolas con obxectivos ambientais

A axuda consistirá en investimentos destinados ao cumprimento de compromisos de xestión forestal con obxectivos ambientais, a provisión de servizos dos ecosistemas forestais, accións que potencien o carácter de utilidade pública dos bosques e outras superficies forestais, así como a capacidade de mitigación fronte ao cambio climático dos ecosistemas, sen excluír os beneficios económicos a longo prazo.

Especialmente considéranse os investimentos á restauración e melloras de masas de frondosas caducifolias (como castiñeiros, bidueirais e bosques mixtos de carballos por exemplo), mediante diversos tratamentos selvícolas, os tratamentos de axuda aos rexenerados naturais destas especies, o enriquecemento de plantacións de coníferas con especies ecoloxicamente valiosas que incrementen a súa biodiversidade ou resiliencia, así como investimentos que teñan como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública ou ambiental dos bosques (carreiros, áreas recreativas, montes veciñais en man común, etc). As ditas actuacións poderán adoptar forma de actuación non produtiva sobre unha superficie forestal ou ben de actuación puntual.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Defensa da propiedade forestal Xestión forestal integral Planificación, estudos e proxectos_1 Planificación, estudos e proxectos_2 Selvicultura con obxectivos ambientais ou outros fins non productivos Selvicultura con obxectivos ambientais ou outros fins non productivos + uso público Uso público_1 Uso público_2

69.611. Establecemento de xoves agricultores

O obxectivo desta intervención é contribuír á substitución xeracional, así como á creación de emprego en zonas rurais.

O establecemento de novos agricultores como titulares de explotacións agrarias contribúe de forma esencial á substitución xeracional necesaria para o sector, así como á fixación de poboación nas zonas rurais que, con carácter xeral, atópanse en situación de despoboamento.

O apoio á instalación de novos agricultores debería axudar aos mozos para iniciar a actividade agrícola facilitando o acceso aos recursos e aumentando os incentivos en zonas con condicións menos favorables.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Incorporación agraria Operacións en IF de incorporación agraria

69.612. Establecemento de novos agricultores

O propósito da intervención é a creación de emprego en zonas rurais, así como a contribución ó relevo xeracional. 

A instalación de novos agricultores como titulares de explotacións agrarias contribúe de forma esencial á substitución xeracional necesaria para o sector, así como á fixación de poboación nas zonas rurais que, con carácter xeral, atópanse en situación de despoboamento.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Novas persoas agricultoras

71.19. LEADER

O termo "LEADER" ten as súas orixes nas siglas en francés "Liaison Entre Actions de Développement de l'Économie Rurale" que significa: vínculos entre accións de desenvolvemento da economía rural. LEADER é un método de desenvolvemento local que leva 20 anos utilizándose para facer partícipes aos actores locais no deseño e a posta en marcha de estratexias, a toma de decisións e a asignación de recursos para o desenvolvemento das súas zonas rurais. O seu enfoque ascendente funciona como un instrumento de desenvolvemento local integrado, innovador, multisectorial e participativo, ademais de ser unha ferramenta que contribúe ao equilibrio territorial nas zonas rurais. 

 

Para asegurar a participación da sociedade rural constitúense os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que son entidades sen ánimo de lucro con socios públicos e privados, que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Implementación EDLP Implementación EDLP-IF (operacións de garantía)

71.31. Cooperación para promover a participación nos reximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios

Búscase, tanto a incorporación de novos operadores a réximes de calidade, como a certificación dun produto xa acollido a un réxime noutro novo, ou cunha orientación produtiva diferente dentro do mesmo réxime. Deste xeito espérase potenciar as producións de calidade diferenciada, así como as denominacións de orixe e indicacións xeográficas, a produción ecolóxica ou as producións artesanais. 

 

Así, se mellora a situación dos agricultores e produtores na cadea de valor.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Reximes de calidade 1 Reximes de calidade 2

71.32. Cooperación para a promoción dos productos agrícolas e alimenticios en reximes de calidade

O obxectivo é promover a información e promoción dos produtos de calidade, para favorecer o coñecemento dos consumidores das características diferenciadas dos produtos elaborados conforme a programas de calidade da UE ou nacionais, mediante campañas de información ou promoción, incluíndo as formas de cooperación existentes no caso de inicio dunha nova actividade. 

 

Esta promoción resulta necesaria debido á baixa concienciación e comprensión que existe en xeral sobre a relevancia destes produtos. 

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Promoción tipo 1 Promoción tipo 2 Promoción tipo 3 Promoción tipo 4

71.61. Cooperación de grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en materia de productividade e sostibilidade agrícolas

Esta intervención está orientada cara á consolidación en Galicia dos elementos estruturais da Axencia Europea de Innovación (AEI) en materia de sustentabilidade e produtividade agraria. Estas actuacións levaranse a cabo mediante Grupos Operativos, que son agrupacións de cooperación para a innovación. 

 

A innovación prevista poderá basearse en prácticas novas ou ben tradicionais nun novo contexto xeográfico ou ambiental. 

 

Inclúese tanto a preparación, como a execución dos proxectos AEI.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Preparación + Execución de proxectos AEI Proxectos estratéxicos AEI

71.62. Grupos de cooperación para a innovación non relacionados coa AEI AGRI

A finalidade é impulsar iniciativas de cooperación innovadoras e que non estean dentro da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri). 

 

As axudas versarán sobre a mellora da competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrarios, promocionando os mercados locais e os circuítos de distribución curtos, e favorecendo a integración de agrupacións e organizacións de produtores e organizacións interprofesionais. Exponse como unha iniciativa transversal no novo período de programación. A innovación prevista poderá basearse en prácticas novas, pero tamén tradicionais nun novo contexto xeográfico ou ambiental.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Proxectos de cooperación non AEI

71.69. Cooperación para a sucesión de explotacións

O obxectivo principal é a procura dunha substitución xeracional, que a través da fixación e/ou creación de emprego se logre un medio rural dinámico e unha agricultura activa de maneira que se puidese combater o despoboamento.

Tendo presente a media de idade da poboación agrícola, preténdese aumentar as cocientes da participación de novos agricultores e agricultoras fronte ás persoas que desenvolveron a actividade de máis de 65 anos mediante a instalación en explotacións agrarias das primeiras e abandono das devenditas explotacións por parte das segundas. Doutra banda, á súa vez preténdese buscar a creación de empresas novas que poidan constituír negocios agrícolas e non agrícolas.

Ligazón á ficha completa da intervención.

Esta intervención articúlase a través da seguinte axuda:

Sucesión de explotacións

71.91. Proxectos de cooperación para apoiar ás organizacións de productores

A pequena dimensión de industrias e empresas agrarias e forestais, unida á súa atomización, dificultan a capacidade destas para defenderse no mercado, cada vez máis competitivo, e de desenvolver estratexias que permitan comercializar con maior seguridade e posibilidade de éxito. Con esta intervención preténdese: 

 

- O incremento da dimensión das explotacións mediante a agrupación de superficies, de forma que se favorezan a planificación e a xestión viables.

 

- A organización de produtores para reducir custos de produción e incrementar o valor dos produtos obtidos. 

 

Para iso prevese apoiar a creación de novas agrupacións forestais de xestión conxunta, de asociacións de comercialización conxunta de aproveitamentos forestais e de novas mancomunidades de Montes Veciñais en man común.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Agrupacións forestais de xestión conxunta Asociacións de comercialización conxunta e novas mancomunidades Ampliación de mancomunidades existentes

72.01. Formación

O Sistema de Coñecemento e Innovación en Agricultura (SCIA), AKIS polas súas siglas en inglés, é a organización combinada e fluxos de coñecementos entre persoas, organizacións e institucións que usan e xeran coñecementos para utilizalos na agricultura e os ámbitos relacionados.

 

O intercambio de coñecementos e información contribúe a reforzar este sistema de coñecemento e a lograr unha maior modernización do sector agrario e do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC). 

 

Esta intervención contribúe a conseguir un enfoque integrado da modernización, a innovación e o coñecemento. 

 

Concederanse axudas para o intercambio de coñecementos e a difusión de información nas empresas e comunidades agrícolas, agroalimentarias, forestais e rurais; tamén se financiarán visitas, formación de asesores, campos de demostración etc. 

 

As axudas poden cubrir os custos de calquera acción pertinente para promover a formación, así como o intercambio e a difusión de coñecementos e información que contribúan ao logro do obxectivo transversal e dos obxectivos específicos do PEPAC. Estarán incluídas as agrupacións forestais de xestión conxunta, as asociacións de comercialización e novas mancomunidades, así como as súas ampliacións.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Formación Campos de demostración Transferencia Visitas Intercambios Formación de asesores

72.02. Asesoramento

As axudas concederanse para o intercambio de coñecementos e información nas empresas e comunidades agrícolas, agroalimentarias, forestais e sobre empresas rurais, así como para a protección da natureza, o medio ambiente e o clima, e en particular para actividades de sensibilización e educación ambientais. 

 

Pódense cubrir os custos de calquera acción pertinente para promover o asesoramento. En especial, terase en conta ás persoas que se incorporen por primeira vez á actividade agraria: persoas mozas e persoas novas agricultoras.

 

Ligazón á ficha completa da intervención.

Asesoramento Tutorización de xóvenes

Axudas activas