Que son os grupos operativos?
Os grupos operativos son a ferramenta principal para cumprir cos obxectivos da AEI.
Están compostos por agricultores, asesores, científicos, empresas e outros colaboradores interesados en resolver un problema concreto ou aproveitar unha oportunidade nos sectores agroalimentario e forestal, mediante o coñecemento e a innovación e no ámbito dos obxectivos da AEI.
Pódense constituír grupos operativos a nivel europeo, nacional e rexional; apoiando o Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR) a constitución de grupos compostos por actores implicados no desenvolvemento do medio rural galego e cuxos proxectos sexan de interese rexional e acordes coa Estratexia Galega RIS3 de innovación.
A SUBMEDIDA 16.1
A submedida 16.1 do PDR orienta a consolidación en Galicia dos elementos estruturais da AEI en materia de sustentabilidade e produtividade agraria. Esta submedida inclúe dous tipos de operacións:
- A Operación 16.1.1, cuxas axudas están dirixidas a financiar a fase previa (preparación do grupo, procura de socios, reunións de coordinación e animación, redacción de borradores, etc.) dos proxectos innovadores.
- A Operación 16.1.2, dirixida a financiar os proxectos innovadores seleccionados, que cubre os gastos derivados da execución do proxecto.
PROXECTOS