Axudas enerxías renovables eléctricas e aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Convocatoria 2026

Desactivado
Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia(DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2026).