A Xunta destaca a contribución da actividade económica no rural á xestión do territorio e á prevención dos incendios
Lugo, 29 de setembro de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, reuniuse esta mañá co analista internacional Juan Verde. No encontro púxose de relevo a contribución que ten a actividade económica no rural á xestión do territorio e á prevención dos incendios forestais. Así, salientouse a súa capacidade para dinamizar o propio tecido produtivo e, ao tempo, para frear o abandono e, mediante a propia actividade e a súa incidencia sobre o territorio, previr o lume e diminuír as súas consecuencias.