Submedida 10.1: Pago para compromisos agroambientais e climáticos.
A submedida 10.1 contempla as operacións referentes ao pago para compromisos agroambientais e climáticos, que según o tipo de beneficiario e sector, divídese nos seguintes tipos de operacións:
- 10.1.1 Apicultura para conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais
Como consecuencia da aparición de pragas, enfermidades e problemas ambientais, a poboación apícola galega diminuíu considerablemente. Este feito afectou á frutificación de plantas, coa consecuente diminución de alimento para moitas especies animais e a perda de especies vexetais. A través desta medida preténdese loitar contra esta perda, tendo en conta ademais a importancia do sector apícola e os seus produtos no mercado galego.
Descargue a información ampliada del tipo de operación 10.1.1 premendo aquí.
- 10.1.2 Razas autóctonas en perigo de extinción
As razas autóctonas galegas están adaptadas ás condicións ambientais máis rigorosas e aínda que a súa produtividade sexa menor, resultan idóneas para o aproveitamento e control da masa arbustiva nos pastos, contribuíndo ao bo mantemento dos mesmos e á prevención dos incendios forestais. De aí, a importancia da conservación destas razas.
Descargue a información ampliada del tipo de operación 10.1.2 premendo aquí.
- 10.1.3 Manexo sustentable das explotacións gandeiras
Este tipo de operación divídese nas seguintes operacións:
- 10.1.3-A Xestión sustentable de pastos
O obxectivo desta operación é conservar os ecosistemas agrarios e os seus recursos realizando unha xestión adecuada dos pastos co gando.
Descargue a información ampliada da operación 10.1.3-A premendo aquí.
2. 10.1.3-B Extensificación do vacún de leite
O obxectivo desta operación é promover a extensificación das producións gandeiras coa finalidade de facelas máis sustentables e respectuosas co medio ambiente e a paisaxe.
Descargue a información ampliada da operación 10.1.3-B premendo aquí.