Submedida 1.1: Formación profesional e adquisición de competencia.
A submedida promoverá a realización de actividades de formación e adquisición de competencias para profesionais ou novas incorporacións aos sectores da agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira.
O contido da formación incidirá, entre outros, en aspectos como a mellora da competitividade, a incorporación de tecnoloxías e prácticas innovadoras, a xestión económica e comercial, a calidade dos produtos, a xestión sustentable dos recursos naturais, incluídos os aspectos da condicionalidade, protección do medio ambiente e conservación da paisaxe, Rede Natura 2000 e a mitigación e adaptación ao cambio climático.
Fomentarase ademais a participación de mozos e mulleres.
Descargue a información sobre a Submedida 1.1 premendo aquí.