Programa de Desenvolvemento Rural
Xunta de Galicia

Submedida 11.2: Pagos para o mantemento de prácticas e métodos de agricultura ecolóxica.

Submedida 11.2: Pagos para o mantemento de prácticas e métodos de agricultura ecolóxica.

Agricultura ecoloxica

A axuda prevista no marco da presente medida concederase por hectárea de superficie agrícola aos agricultores que se comprometan voluntariamente ao mantemento das prácticas e métodos de agricultura ecolóxica definidos no Regulamento (CE) 834/2007 do Consello.

As axudas concederanse anualmente e compensarán aos beneficiarios pola totalidade dos custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

Descargue a información ampliada da submedida 11.2 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D.
Fecha de presentación: 1/2/2021-25/5/2021
ORDE do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G).
Fecha de presentación: 19/2/2020-30/9/2020
ORDE do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G).
Fecha de presentación: 18/2/2020-28/2/2020