Programa de Desenvolvemento Rural
Xunta de Galicia

Submedida 16.1: Apoio para a creación e o funcionamento de grupos operativos da EIP en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas.

Submedida 16.1: Apoio para a creación e o funcionamento de grupos operativos da EIP en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas.

EIP

A submedida 16.1 orienta a consolidación en Galicia dos elementos estruturais da AEI en materia de sustentabilidade e produtividade agraria, establecendo o esquema instrumental básico de financiamento, apoio e funcionamento das iniciativas de innovación ao amparo do programa de desenvolvemento rural para o período 2014-2020. Esta submedida inclúe dous tipos de operacións:

 

  • Operación 16.1.1: Axudas á creación de grupos operativos da AEI.

A axuda á creación de grupos operativos está destinada á definición, elaboración e procura de socios para os proxectos innovadores, é dicir, a creación do grupo onde serán elixibles os custos necesarios para articular o proxecto, previamente á súa aprobación como tal. As axudas desta operación estarán dirixidas a financiar a fase previa (preparación do grupo, procura de socios, reunións de coordinación e animación, redacción de borradores, etc.) dos proxectos innovadores, con o obxectivo de apoiar a elaboración de proxectos consistentes e ben estruturados.

Descargue a información ampliada do tipo de operación 16.1.1 premendo aquí.

 

  • Operación 16.1.2: Axuda para a execución de proxectos dos grupos operativos da AEI.

 

O tipo de operación 16.1.2 está dirixido a financiar os proxectos innovadores seleccionados, que cobre os gastos derivados da execución do devandito proxecto. Serán elixibles os grupos operativos para a fase de establecemento do grupo así como o axente de innovación, no seu caso, que presenten solicitude de axuda.

Descargue a información ampliada do tipo de operación 16.1.2 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331B)
Fecha de presentación: 28/1/2022-28/2/2022