Submedida 16.2: Axudas para proxectos piloto e desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías.
A submedida financia iniciativas de cooperación en materia de innovación nos sectores agrícola, alimentario e forestal. As iniciativas traduciranse na implantación de proxectos piloto ou no desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías. En ningún caso financiaranse proxectos de investigación básica.
O desenvolvemento poderá entenderse tanto como a incorporación de novidades como a aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron previamente. Con todo, non se poderán financiar proxectos xa realizados en territorios e condicións similares.
Descargue a información ampliada da submedida 16.2 premendo aquí.