Submedida 16.3: Cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento / a comercialización do turismo.

Submedida 16.3: Cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento / a comercialización do turismo.

Cooperacion

A submedida fomenta a coordinación entre pequenos operadores económicos das áreas rurais para permitirlles adquirir en común unha escala económica da que carecen individualmente. A iniciativa non se limita a un marco territorial concreto, senón que se abre á participación de axentes dos distintos territorios rurais de Galicia, coa condición da vinculación a microempresas e a orientación comercial do proxecto. No caso do desenvolvemento turístico, a actividade apoiada deberá ser coherente coa planificación turística da Comunidade autónoma de Galicia.

Descargue a información ampliada da submedida 16.3 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2018
Fecha de presentación: 1/2/2018-28/2/2018