Submedida 16.8: Apoio para a elaboración de plans de xestión forestal ou instrumentos equivalentes.
Tendo en conta a natureza da estrutura de propiedade do monte galego, cun maioritario predominio da propiedade privada e un marcado carácter minifundista, resulta imprescindible fomentar o establecemento dos plans de xestión forestal, obxectivo que se pretende conseguir a través desta axuda.
Con esta submedida preténdese conseguir a ordenación da superficie forestal ao redor de plans de xestión ou instrumentos equivalentes co fin de apoiar o desenvolvemento do sector forestal en Galicia. Estes plans de xestión desenvolveranse de acordo cos criterios definidos pola autoridade competente da Administración autonómica.
Descargue a información ampliada da submedida 16.8 premendo aquí.