Submedida 19.2: Apoio para a realización das operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo.

Submedida 19.2: Apoio para a realización das operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo.

Desenvolvemento local participativo

En virtude desta submedida desenvolveranse as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas, de tal forma que se poñerán en marcha os plans de acción previstos nestas estratexias.

Financiaranse as operacións incluídas nos plans de acción das EDLP seleccionadas. Os Grupos de Acción Local poderán seleccionar como proxectos:

  • Pequenos investimentos, tendentes a valorizar produtos locais de calidade e referidas á creación e/ou modernización de empresas de transformación e comercialización de produtos agrarios (ata un máximo de 30.000 € de presuposto total subvencionable).
  • Os investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais para o uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, tendentes á produción a pequena escala de acha de madeira ou de pellets e que estean promovidos polas comunidades de montes veciñais en man común e/ou agrupacións de propietarios e sempre que inclúan unha extensión superior ás 15 hectáreas.
  • A creación e investimento en todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias.
  • A creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural, así como as actividades recreativas e culturais, e as súas correspondentes infraestruturas.
  • Os investimentos para uso público en infraestruturas recreativas, información turística e infraestruturas de de turismo a pequena escala.
  • O mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas de alto valor natural, en particular as integrantes da Rede Natura 2000 e demais territorios integrados na rede de espazos protexidos de Galicia.
  • A formación promovida polos GAL e dirixida á poboación activa do territorio, coa finalidade de aumentar a empleabilidade.

Descargue a información ampliada da submedida 19.2 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
Fecha de presentación: 30/12/2022-31/12/2024
RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Fecha de presentación: 4/5/2021-29/12/2022
RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Fecha de presentación: 31/12/2019-3/5/2021
Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se publica o Acordo de 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)
Fecha de presentación: 28/12/2019-31/12/2025
RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2, Apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo, da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Fecha de presentación: 27/12/2018-30/12/2019
RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
Fecha de presentación: 29/12/2017-26/12/2018
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Feader
Fecha de presentación: 31/1/2017-28/12/2017
Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao amparo da medida Leader (submedidas 19.2 y 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desarrollo rural de Galicia 2014-2020 (PDR)
Fecha de presentación: 19/1/2017-27/12/2019