Submedida 19.3: Actividades de cooperación.

Submedida 19.3: Actividades de cooperación.

Actividades cooperacion

A cooperación neste período de programación (2014-2020) será optativa para os Grupos de Acción Local. No programa Leader de Galicia 2014-2020 os proxectos de cooperación non serán seleccionados directamente polos grupos de acción local, con todo, en cumprimento do disposto no artigo 44.3 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do fondo FEADER, implantarase un sistema de presentación de solicitudes permanente en materia de cooperación.

Os GAL que se propoñan realizar un proxecto de cooperación como coordinadores deberán buscar os socios participantes, de acordo co artigo 44.2 do Regulamento (UE) 1305/2013 e elaborar unha solicitude na que conste polo menos, a descrición do proxecto, obxectivos, actuacións previstas, prazo de execución, orzamento aproximado e financiamento do proxecto.

Descargue a información ampliada da submedida 19.3 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
Fecha de presentación: 1/9/2022-30/9/2022
RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
Fecha de presentación: 10/10/2018-15/11/2018