Submedida 19.4: Custos correntes e animación.
O funcionamento dos Grupos de Acción Local carrexa custos relativos tanto aos recursos humanos como materiais que se utilizan. Ademais, unha das fundamentais para o éxito de LEADER é a de animación do territorio, a procura de emprendedores e a dinamización rural por parte dos membros do GAL. Baixo esta medida, finánciase o funcionamento dos Grupos de Acción Local galegos, en concreto os custos correntes, isto é, os gastos necesarios nos que incorran os GAL para a posta en práctica da estratexia de desenvolvemento local participativo, así como gastos de animación, promoción e difusión da estratexia de desenvolvemento local e do seu territorio de actuación.
Descargue a información ampliada da submedida 19.4 premendo aquí.