Submedida 21.1: Axuda temporal excepcional destinada aos agricultores e ás pemes especialmente afectados pola crise de COVID-19

Submedida 21.1: Axuda temporal excepcional destinada aos agricultores e ás pemes especialmente afectados pola crise de COVID-19

Axuda covid

A axuda articúlase como unha compensación por manter a actividade en función das unidades de traballo anual ou das vacas #ama de cría existentes no momento da declaración do estado de alarma.

No caso de agricultores ou titulares de explotacións agrícolas esta axuda contribúe ao ámbito de interese de mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a reestruturación e modernización das mesmas, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

No caso das Pemes a axuda contribúe ao ámbito de interese de facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

Descargue a información ampliada da submedida 21.1 premendo aquí.

Históricos de axudas

ORDE do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020
Fecha de presentación: 30/10/2020-30/11/2020