Submedida 22.00. Axuda temporal e excepcional para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína no sector da carne
O impacto económico do conflito sobre o sector agrario derivado do incremento dos prezos dos medios de produción (enerxía, combustibles, fertilizantes, sementes, etc), afectou tanto a agricultores como a gandeiros, pero no caso das explotacións gandeiras a situación agravábouse substancialmente respecto das agrícolas, debido a que teñen que sumar aos devanditos custos os incrementos nos prezos dos pensos para a alimentación animal, que alcanzan incrementos superiores ao 40,7 %.
As explotacións gandeiras de Galicia, e especialmente determinadas orientacións produtivas de carne (vacún, ovino, caprino, aves e coellos), foron as que en maior medida padeceron as repercusións económicas do conflito bélico, polo que a elas destinouse esta axuda de carácter excepcional.