Submedida 3.1: Axudas á participación en réximes de calidade.
Dada a importancia e a calidade dos produtos agroalimentarios galegos, que con todo non chegan a penetrarse no mercado de forma efectiva, preténdese con esta axuda apoiar aos agricultores e asociacións de agricultores a formar parte por primeira vez de réximes de calidade recoñecidos que favorezan a súa participación na cadea alimentaria.
Con esta liña de axuda apóiase a primeira participación dos agricultores e as súas agrupacións en réximes de calidade de produtos recoñecidos.
Descargue a información ampliada da Submedida 3.1 premendo aquí.