Submedida 4.1: Axudas aos investimentos que melloren o rendemento e a sustentabilidade globais da explotación agrícola.

Submedida 4.1: Axudas aos investimentos que melloren o rendemento e a sustentabilidade globais da explotación agrícola.

Explotacion agricola

A axuda desta submedida pretende apoiar a realización de investimentos nas explotacións agrícolas que fagan destas elementos máis competitivos do sector primario. Estes investimentos han de asegurar a súa viabilidade económica e a súa sustentabilidade para co medio.

A mellora do rendemento global das explotacións agrarias, entendida tanto como a mellora no rendemento económico por unidade de traballo (UTA) como pola mellora das condicións de produción (laborais, ambientais, sanitarias e técnicas), ten como fin último incrementar a competitividade das explotacións agrarias cumprindo ao mesmo tempo coas condicións de respecto ao medio ambiente, mantemento da paisaxe, de hixiene e benestar dos animais e seguridade no traballo; todo iso dentro dun marco que permita mellorar a calidade de vida dos produtores e da súa contorna.

Financiaranse aqueles investimentos nas explotacións que vaian acompañadas dun plan empresarial ou de negocio no que se demostre tanto a viabilidade do proxecto como o cumprimento das condicións de competitividade e a sustentabilidade do mesmo.

Descargue a información ampliada da Submedida 4.1 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

ORDE do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR351A).
Fecha de presentación: 6/8/2025-5/9/2025
ORDE do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2025
Fecha de presentación: 16/1/2025-17/2/2025
Fecha de presentación: 20/6/2024-19/7/2024
Fecha de presentación: 4/8/2023-4/9/2023
Fecha de presentación: 27/7/2023-28/8/2023
Fecha de presentación: 27/1/2023-27/3/2023
Fecha de presentación: 4/11/2022-4/12/2022
Fecha de presentación: 28/9/2022-27/10/2022
Fecha de presentación: 31/8/2022-30/9/2022
Fecha de presentación: 8/7/2022-8/8/2022
Fecha de presentación: 10/2/2022-11/4/2022
Fecha de presentación: 22/9/2021-21/10/2021

Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo. Convocatoria 2020

ORDE do 20 de decembro de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR351A).

Axudas para investimentos en explotacións agrícolas. Convocatoria 2020

ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Axudas para investimentos en explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal. Convocatoria 2019

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR419A).

Axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo. Convocatoria 2019

ORDE do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR323C).

Axudas para investimentos en explotacións agrarias. Convocatoria 2019

ORDE do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).
ORDE do 30 de abril de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR351A).
Fecha de presentación: 14/5/2019-13/6/2019
Fecha de presentación: 7/8/2018-6/9/2018
Fecha de presentación: 17/3/2018-16/4/2018
Fecha de presentación: 19/1/2018-19/2/2018
Fecha de presentación: 1/7/2017-31/7/2017
Fecha de presentación: 1/4/2017-15/5/2017