Submedida 4.4: Apoio aos investimentos non produtivos vinculadas ao cumprimento de obxectivos agroambientais e climáticos.
Con esta medida apoiarase o desenvolvemento de proxectos para a mellora da paisaxe rural tradicional e os seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats en zonas da Rede Natura 2000 e outras áreas de alto valor natural.
En virtude desta medida fináncianse investimentos non produtivos que contribúan a mellorar o carácter de utilidade pública das zonas Natura 2000, así como investimentos para a mellora da paisaxe rural e o desenvolvemento do seu uso recreativo. Os posibles beneficiarios da mesma serán a Administración autonómica para aquelas actuacións promovidas directamente baixo a súa iniciativa, e agricultores e titulares de terreos forestais privados.
Descargue a información ampliada da Submedida 4.4 premendo aquí.