Submedida 6.1: Axuda á creación de empresas para os novos agricultores.
A importancia da substitución xeracional é fundamental nun sector como o agrario, dado o seu alto grao de envellecemento. É por iso que baixo esta medida preténdese apoiar a aqueles novos agricultores que queiran instalarse por primeira vez nunha explotación agraria, e que permaneza na actividade agraria durante 5 anos, de tal forma que os mozos que se incorporan crean o seu propio posto de traballo asumindo responsabilidades de xestión e dirección das explotacións nas que se incorporan.
Esta axuda apoia o establecemento por primeira vez de novos agricultores mediante a creación dunha explotación agraria ou a incorporación a unha xa existente, asumindo as tarefas de xestión e dirección das mesmas.
Descargue a información ampliada da Submedida 6.1 premendo aquí.