Submedida 6.3: Axuda destinada á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
O obxectivo desta medida é apoiar ás explotacións agrarias galegas na posta en marcha de novos proxectos que xeren creación de emprego. Apóianse aquelas actuacións recollidas nun plan empresarial e levadas a cabo por pequenas explotacións agrarias inscritas no rexistro de explotacións agrarias de Galicia (REAGA).
Enténdese por pequenas explotacións agraria aquelas cuxa renda unitaria de traballo (RUT) atópese entre os seguintes parámetros:
- A RUT mínima que se obteña será igual ou superior ao 15% da renda de referencia.
- A RUT máxima que se obteña será inferior ao 35% da renda de referencia.
Descargue a información ampliada da Submedida 6.3 premendo aquí.