Programa de Desenvolvemento Rural
Xunta de Galicia

Submedida 6.4: Axuda para os investimentos na creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas.

Submedida 6.4: Axuda para os investimentos na creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas.

Actividades no agricolas

Esta medida está dirixida á consolidación e creación de emprego nas zonas rurais mediante a creación e desenvolvemento de novas actividades económicas viables non agrícolas, que deben contribuír a fomentar a diversificación económica, o equilibrio territorial e sustentabilidade do medio rural, tanto en termos económicos como sociais.

As iniciativas apoiadas poderán ser realizadas por agricultores, por membros dunha unidade familiar dunha explotación que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas, microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais, así coma outras persoas físicas residentes nas zonas rurais, ben para crear unha nova empresa ou ben para seguir traballando na preexistente como traballador por conta propia.

Estas iniciativas non terán carácter agrario, poderán ser, entre outras, actividades de turismo rural, prestación de servizos turísticos, hostalería, iniciativas de agroturismo; comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE); talleres e fábricas de bens e materiais; produción e/ou elaboración de produtos non agropecuarios etc.

Descargue a información ampliada da Submedida 6.4 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A).
Fecha de presentación: 26/1/2022-25/2/2022
RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.
Fecha de presentación: 29/1/2019-28/2/2019