Programa de Desenvolvemento Rural
Xunta de Galicia

Submedida 7.2: Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídas os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía.

Submedida 7.2: Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídas os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía.

Infraestructuras

En virtude desta submedida apoiaranse aqueles investimentos non produtivos na creación, mellora ou ampliación de pequenas infraestruturas relacionadas coa xestión da auga e enerxías renovables e eficiencia enerxética, podendo ser beneficiarios a Administración Autonómica e os entes instrumentais dependentes dela, así coma entidades locais e entidades delas dependentes, as persoas físicas xurídicas de dereito privado, asociacións e agrupacións público privadas e ONG.

A submedida poderá incluír actuacións relativas a pequenas infraestruturas de abastecemento de auga, saneamento e depuración de augas residuais e xestión de augas pluviais, pequenas infraestruturas de enerxías renovables: solar térmica e fotovoltaica, biomasa, eólica, xeotérmica, aerotérmica, etc., ou pequenas infraestruturas relacionadas coa eficiencia enerxética.

Descargue a información ampliada da Submedida 7.2 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2019 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I).
Fecha de presentación: 8/1/2019-28/1/2019