Submedida 7.3: Apoio ás infraestruturas de banda ancha, en particular a súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda ancha pasivas e a oferta de acceso á banda ancha e a solucións de administración electrónica.
A Comisión europea ha establecido o obxectivo de lograr, en 2020, que o 100% de poboación conte cunha cobertura de 30 megas. Así, esta submedida contemplada no PDR contribuirá a este obxectivo.
A submedida poderá incluír actuacións de creación, mellora e despregamento de infraestruturas de banda ancha, conexión vía satélite, ou mediante outras tecnoloxías específicas para a conexión de zonas sen cobertura nin previsións de contar con cobertura nun futuro próximo, ou de asistencia para a elaboración de plans que favorezan o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións e a incorporación das mesmas en obras e edificios.
Descargue a información ampliada da Submedida 7.3 premendo aquí.