Submedida 7.4: Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de servizos básicos locais para a poboación rural, incluídas as actividades recreativas e culturais, e a infraestrutura relacionada.
En virtude desta submedida fináncianse investimentos en proxectos que melloran a calidade de vida da poboación do medio rural como son aqueles relacionados con servizos asistenciais, culturais e de apoio a empresas.
A submedida poderá incluir actuacións de implantación e mellora de servizos asistenciais, de servicios culturais, ou centros de servizos, así como pequenas infraestruturas e/ou equipamentos a pequena escala que fomenten a cooperación, servizos e implantación ou mellora das empresas no medio rural.
Descargue a información ampliada da Submedida 7.4 premendo aquí.