Submedida 7.5: Apoio aos investimentos para uso público en infraestruturas recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala.
A través desta submedida apóianse operacións que, a través da posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e paisaxística, contribúan á creación de condicións favorables para o desenvolvemento das iniciativas empresariais do sector turístico e desta forma consolidar e mellorar a oferta e as infraestruturas turísticas nas zonas rurais.
Con esta submedida perséguese a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valoración dos recursos turísticos e o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.
Descargue a información ampliada da Submedida 7.5 premendo aquí.