Submedida 8.3: Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.
As actuacións de prevención de incendios e outros danos nos montes teñen especial relevancia na conservación das masas forestais. Dada a importancia do sector forestal en Galicia preténdese por tanto traballar a favor da prevención das catástrofes que lle afectan.
No marco de esta submedida fináncianse actuacións de prevención e de loita integrada contra pragas e enfermidades forestais e a implantación e mellora de instalacións de vixilancia e sistemas de seguimento das mesmas.
Descargue a información ampliada da Submedida 8.3 premendo aquí.